O cine galego de ficción celebra dúas décadas de vida

O cine galego de ficción celebra dúas décadas de vida

01 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Baixo o título de 20 anos de Cinegalicia conmemórase o aniversario do que se considera o nacemento oficial do cinema galego. Os tres primeiros filmes de ficción do país -Continental, de Xavier Villaverde; Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro; e Urxa, de Alfredo García Pinal e Carlos Piñeiro- estreáronse conxuntamente en Vigo. Dúas décadas despois, unha xornadas en Pontevedra lembran ese fito his

O crítico e historiador Miguel Anxo Fernández comisariou aquela histórica cita e coordina as xornadas 20 anos de Cinegalicia que hoxe arrincaron na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra. Fernández relatou en Radiofusiòn a importancia daquel evento, pero recoñeceu que non se cumpriron as altas esperanzas que en 1989 estaban postas no audiovisual galego. “Agardabamos que a mostra se repetise cada ano, con novas estreas, pero as circunstancia históricas e políticas o impediron”, explicou.

En canto ao presente e futuro do audivisual galego, Fernández entende que existe talento creativo, pero falta profesionalidade para vender as cintas. Así, destaca unha diferenza clave entre os tres filmes pioneiros e os actuais. Sempre Xonxa, Urxa e Continental contaban desde o principio co apoio dunha distribuidora, mentres que hoxe existen varios proxectos xa rodados que aínda non atoparon vías para achegarse ao público.

Sociedade