O circo da Semente

A Semente estreou este curso o novo local escolar do Roxal.
05 de Decembro, 2019 - 01:12 h. | Publicada por Radio Fene

Circo e música no quinto aniversario da Semente de Ferrolterra. O domingo ás 18:00h no Auditorio de Narón.

ESCOITA O PODCAST:

O Festival”Músicas para a semente” cumpre 5 anos na comarca e celebrano este domingo 8 de decembro ás 18h da tarde no auditorio de Narón. Festexan o V aniversario cun espectáculo circense e a música de Davide Salvado e Fransy González. Todo en galego. A entrada custa 10€ e a recadación servirá para colaborar co proxecto semente que este ano xa comezou o curso na escola do Roxal de Neda. Encantadas amósanse as nais e socias da Semente co novo local escolar, entre elas Montse Barcala, quen nos contou que o que se recade no festival do domingo empregaranno en melloras do inmobre.

O festival contará con moitas sorpresas e emocións e falounos do número circense que lle da un aire diferente ás festas vividas ata agora. A escola da Semente recibe pequenos e pequenas a partir de dous anos. Neste momento a matrícula ten 25 alumnos e alumnas, cunha ratio máis que adecuada para infantil e primaria.

Sociedade

Publica o teu comentario agora