O circuíto OuTonalidades chega a Ferrol da man do grupo Uku Kalhus

O circuíto OuTonalidades chega a Ferrol da man do grupo Uku Kalhus

06 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

OuTonalidades é o nome do "circuíto de música ao vivo" que se fai en Portugal dende hai anos. Por un acordo de intercambio entre Galiza e Portugal, co apoio do AGADIC (Consellería de Cultura) e Clubtura (Asociación galega de salas de música ao vivo) moitos grupos portugueses virán as salas galegas e outras bandas galegas actuarán en locais de Portugal. Este é o caso do grupo lisboeta de folk "Uxu Kalhus" que actúa ma&n

O grupo de música tradicional-folk-rock Uku Kalhus fai Malhão, Viras, Corridinhos, círculos, mazurcas, chotiças, e muito mais, con a pureza acústica e a potencia elétrica. Harmonías producidas e arranxos endiablados constitúen a imaxe de marca da banda.  

Uxu Kalhus componse  de André Lourenço - Teclas , Eddy Slap - Baixo Eléctrico , Joana Margaça - Voz , Luís Salgado - Bateria , Paulo Pereira - Flautas e Tó-Zé – Guitarras.

No seu repertorio destacan temas como “A saia de Carolina”, “ Chapesoille do sardao”, “Horage”, “Mazurcas mesticas” ou “Valsa do Bandolim”. Outras das súas composicións son “Legaliza Malaquias”, “Tammurriata do Caldeirao” ou “Saias do Manel do río”.  

O concerto de Uku Kalhus, mañá sábado ás once da noite na Sala Run Rum de Ferrol. O custe da entrada ascende a 5 euros.

Cultura