O Ciudad de Pontevedra destaca na LIV edición da Copa do Miño de Piragüismo que se celebrou o sábado entre Rábade e Lugo

O Ciudad de Pontevedra destaca na LIV edición da Copa do Miño de Piragüismo que se celebrou o sábado entre Rábade e Lugo

10 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O concello de Rábade foi o espazo escollido, o pasado sábado 8 de maio, para dar a saída a mais de 300 padexeiros na LIV edición da prestixiosa Copa do Miño de Piragüismo. Os 17 quilómetros e medio das probas sénior e xuvenil pasaron tamén por Outeiro de Rei antes de rematar no Club Fluvial da capital provincial. A proba de Cadetes tivo a súa saída desde Ombreiro e disputou tan só un tramo de 9 quilómetros. As malas con

A Escola de piragüismo Ciudad de Pontevedra foi o gran nome desta competición, xa que foi o club que conseguiu mais triunfos nas augas do Miño. O Fluvial de Lugo e o Club de Piragüismo Illa de Arousa tamén conseguiron repetir vitoria. Os pontevedreses foron os que acadaron o título por equipos, sendo segundos os da Illa de Arousa e o Club Náutico de Rodeia rematou terceiro.

Dentro da categoría sénior, o K-2 formado por Carlos Pedreira e Antonio Solo, do Grupo Xuvenil acadou o primeiro posto cunha hora e 9 minutos, 4 segundos mais que Marcos Illanes e Alberto Pigueiras, Do Club Piragüismo Viveiro mentres que a 1 minuto e 6 segundos chegaron Francisco Vázquez e Alberto Sánchez, do Fluvial. En K-1 venceu Jesús Rodríguez, do Barco; Óscar Hernández, de Ribadesella, foi 2º; e terceiro rematou Marcos González do Fluvial. En C-1, Sami Grigore, de O Grove, fíxose co ouro; Rubén Paz, de As Torres Romería Vikinga gañou a prata, e David Mascato, tamén do Grove acadou o bronce. En mulleres K-1 gañou Tania Fernández, do Fluvial, que estivo acompañada por Raquel Rodríguez, do Ciudad de Pontevedra, e María José Vilas, do club Las Jubias, foi terceira.

En xuvenís, os gañadores foron en k-2 a parella formada por Miguel Martínez e David Castroda, do Fluvial; aos que acompañaron no podio Marcos González e Isaac Rodríguez, do Kayak Tudense; e Daniel Vázquez e Pedro Ferro, do Romería Vikinga. En k-1conseguiu o primeiro posto Juan Luis Oubiñpa, do Illa de Arousa; com Cristian Chapela, do Illa de Arousa e Antón Cagiao, do Náutico de Miño; segundo e terceiro. En C-1 Adrián Sieiro, do Ciudad de Pontevedra, foi o campión, con Samuel Carballo, do Rodeira, segundo; e Adrián Edreira, do Ría de Betanzos, terceiro. En mulleres, o K-1 gañou Lidia Bayón, do Illa de Arousa; e en C-1 Noelia Suárez do Ciudad de Pontevedra.

En cadetes, os 9.000 metros ditaron sentenza e a fortaleza de Brian Ocampo e Pedro Carrera, do Tudense, en K-2; Gonzalo López, do Náutico Firrete; en K-1, e Ángel Alam, do Ciudad de Pontevedra, en C-1; outorgoulles o ouro. En mulleres a gloria foi para Jessica Alfonso, do Hermanos Gandón, en K-1; e Susana Casal, do Ciudad de Pontevedra, en C-1.

Organizado por Vicepresidencia 1ª da Deputación

Este evento estivo organizado pola área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, presidida polo nacionalista Antón Bao, ademais de polo Club Fluvial de Lugo e os Concellos de Rábade e Outeiro de Rei.

O propio Antón Bao, ao referirse a este trofeo destacou a súa importancia, xa que dixo que, tras o descenso do Sella, esta é “a proba máis importante, con máis arraigo e tradición do Estado español". O vicepresidente da Deputación ratificou o seu apoio á competición “xa que contribuíu desde sempre a promocionar o deporte do piragüismo entre os lucenses”, un obxectivo que Bao sinalou “que é compartido pola nosa Área de Deporte, xa que neste camiño propuxemos o arranxo da escola de piragüismo da nosa titularidade (que se atopaba case en estado de abandono) cuxas obras e equipamento estará listo para comezar a funcionar unha vez remate o proceso de selección do persoal”. A escola de piragüismo prestará servizo tamén a deportistas doutras modalidades moi practicadas na cidade e na provincia de Lugo como o triatlón.

Deportes