O club de loita Vilalba acadou o subcampeonato galego 2009

O club de loita Vilalba acadou o subcampeonato galego 2009

20 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A loita vilalbesa pasa por un bo momento, xa que despois da disputa do campionato galego celebrado en Vila de Cruces conseguiu sobrepoñerse á baixa da súa gran baza, José Cuba, e acadar unha medalla de prata na modalidade de loita libre olímpica por equipos.

Foron cinco os metais que caeron do lado vilalbés. Por riba de todo destacaron os dous ouros de José Luis Puente en menos de 84 quilos e Nicolás Castro en menos de 120. Outras boas novas correron a cargo do segundo posto de Asen Emilov, en menos de 60, e o bronce de Marcos Carral en menos de 66. A estas 4 preseas acadadas na categoría senior hai que engadir outra de prata acadada por Emil Emilov na categoría cadete.

Sociedade