O club Jansu organiza unha xornada técnica de Tae Kwon Do para o sábado en Baamonde

O club Jansu organiza unha xornada técnica de Tae Kwon Do para o sábado en Baamonde

01 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Club Jansu de Vilalba organizou un curso técnico para a Provincia de Lugo, conxuntamente coa Federación Galega de Tae Kwon Do, para o vindeiro sábado 5 de xuño no Pavillón polideportivo de Baamonde e que dará comezo contra as 16.30 horas. Poderán participar os cativos e rapaces de entre 10 e os 18 anos e a inscrición será de balde antes do xoves 3 de xuño.

Outro dos requisitos obrigatorios será ter a licenza federativa do ano 2010 e ter unha autorización paterna para poder participar. O encargado de impartir o curso será o adestrador do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e Técnico da Federación Española de Tae Kwon Do, Jesús Benito Díaz.

Deportes