O coñecemento fáinos libres

Arrancan os obradoiros sobre o manexo do computador e móbil en Fene
25 de Novembro, 2019 - 10:11 h. | Publicada por Radio Fene

Un total de 12 persoas, a maioría mulleres, participan na iniciativa pensada para a igualdade de oportunidades.

Un total de 12 veciñas e veciños, iniciaron aula de informática municipal os obradoiros sobre o manexo do computador e sobre o uso do teléfono móbil. Gratuítos, prolongaranse ata o vindeiro mércores 27 de novembro. As accións formativas están organizadas polo Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas (INICE), en colaboración co Concello de Fene, e teñen unha duración de 12 horas. Este programa está subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. A maioría das participantes son mulleres porque o curso inclúese nas accións en favor da igualdade do conclelo de Fene.

Institucional

Publica o teu comentario agora