O comercio alaricano repite a campaña de Nadal para incentivar o comercio local

O comercio alaricano repite a campaña de Nadal para incentivar o comercio local

19 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A concellería de Promoción Económica e a Asociación de Comerciantes de Allariz presentaban esta mañá a Campaña de Nadal, coa que se repartirán 6.000€ entre os veciños e veciñas que merquen nos comercios alaricanos asociados. A Campaña de Nadal que organiza a Asociación de Comerciantes coa colaboración do Concello de Alla

Unha liña estratéxica, que ademais desta campaña promocional navideña que se repite no mesmo formato que o ano anterior, está sustentada por importantes campañas publicitarias de televisión, propostas de asistencia a feiras e mercados e incluso promocións máis imaxinativas como poden ser feiras tradicionais para dar a coñecer os produtos alaricanos.

Nesta liña o acordo levado a cabo coa Asociación de Comerciantes, a principal entidade de asociacionismo económico con preto de 90 comercios e profesionais asociados, para crear unha importante campaña de Nadal con 5.000€ en premios vai permitir incentivar o consumo local e repartir uns premios entre 9 familias ou veciños mediante vales de compra que volverán a repercutir no comercio local.

Esta campaña que xa se está a desenvolver rematará cun Sorteo Público celebrado o día 14 de decembro na Casa da Mocidade. Os agraciados disporán de 3 horas, o día 19 de decembro, para gastar os premios de 1000 € e oito de 500 ou 400 dependendo de si posúe a Tarxeta de Cidadanía.

 

NORMAS DA CAMPAÑA DE NADAL

Os veciños e veciñas poderán recoller os cupóns de participación nos establecementos adheridos á Asociación de Comerciantes de Allariz durante este mes de novembro.

1º Os comercios facilitarán os cartóns ós seus clientes para que poidan participar na campaña.

2º Os comercios deberán, ata o día 13 de decembro, selar ou indicar o nome do establecemento e sinatura en cada casiña, por cada compra do cliente, non establecéndose unha cantidade mínima de compra.

3º Débese completar o boletín con 6 compras en establecementos distintos e depositar o cartón, unha vez cuberto, nas urnas dispostas no Concello, Fogar do Maior, Casa da Mocidade, Centro de Promoción Económica ou Piscina Municipal antes do día 13 de decembro.

4º O Sorteo Público celebrarase o día 14 de decembro na Casa da Mocidade ás 12.00h, emitíndose por Radio Allariz, e posteriormente, publicándose a lista na web www.allariz.com.

Os gañadores dos premios terán que participar no acto para gastar a cantidade recibida dende as 11.00h ás 14.00h do día 19 de decembro, nun acto que será organizado na Praza Maior de Allariz.

Sociedade