O comic sobre o comic nas Viñetas do Atlántico

O comic sobre o comic nas Viñetas do Atlántico

09 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Convertiuse nun dos salóns do comic máis importantes de España. Viñetas do Atlántico, fundado por Miguelanxo Prado, abre mañá luns dia 10 as súas portas na Coruña para expoñer as últimas tendencias da banda deseñada. Exposicións simultáneas, presentación de novidades e firma de autores sucederánse ata o dia 16 en diferentes escenarios da cidade herculina.

A editorial Faktoria K aproveita as Viñetas para presentar o seu volume Como facer un comic. Lewis Trondheim e Sergio García alíanse neste álbum para explicarlles aos lectores as claves da Novena Arte: como construir unha páxina, a composición das viñetas e a súa función narrativa, os tipos de planos, a descomposición do movemento, os criterios para escoller un bo enfoque das esceas, a forma dos ‘bocadillos’ ou ‘globos’ a través dos cales se amosan os diálogos entre os personaxes; tamén se expoñen os métodos para expresar sentimentos e emocións a través de onomatopeas e outros elementos gráficos, ou como plasmar o paso do tempo mediante recursos como o flash-back.
O cómic “está moi presente nas librarías, nas bibliotecas e nos currículos escolares, pero son moitos os que se confesan incapaces de comprendelo”, apuntan os autores. Para establecer as bases da aprendizaxe, escritura e lectura do xénero,
FAKTORÍA K presenta este libro lúdico e didáctico para descubrir a súa trastenda e animar os seguidores a iniciarse nas súas técnicas e códigos artísticos. Guionista e debuxante aportan a
súa experiencia directa e comparten os seus coñecementos sobre o mundo da historieta

Cultura