O comité anti sida de Ferrol percura un local digno

O comité anti sida de Ferrol percura un local digno

11 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O comité anti sida de Ferrol, LAZOS, denuncia o estado das instalacións onde desenvolven o seu traballo persoas con VIH , dende o ano 1995. O local social de LAZOS ten 57 metros cadrados e está repartido en 5 espacios, nos que se realizan actividades diversas e se ofrecen os servicios de atención, información e orientación a personas afectadas polo VIH e o seu entorno, así como a outras persoas alleas a esta problemática que demanden algún

Pois ben, esas instalacións, segundo os responsables do comité, non reunen as condicions mínimas da habitabilidade, hixiénico-sanitarias e de espacio que se requiren para poder ofrecer unha atención adecuada e digna ás personas que viven co sida.As persoas que alí acuden, os traballadores da asociación, as personas que colaboran de forma voluntaria, ademáis da Xunta Directiva denuncian a situación e solicitan axuda para que, ben dende as Administracions públicas, bien dende iniciativas privadas, o teñan en consideración. Por ese local pagan un aluguer de 300 euros mensuais, que sería o máximo que poderían pagar por un alugueiro, posto que as subvencións que reciben  non lles permiten acceder a outro máis caro.

Sociedade