O comité de empresa de Aquagest denuncia un adelgazamento encuberto da nómina de traballadores

O comité de empresa de Aquagest denuncia un adelgazamento encuberto da nómina de traballadores

05 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A xestión da rede de saneamento e subministro de auga de máis de 40 concellos de toda Galicia podería verse afectada polos paros que pensa convocar o comité de empresa da firma Aquagest. Os representantes dos traballadores reúnense mañá para consensuar as medidas de presión coas que pretender reabrir a negociación do convenio colectivo, paralizada dende decembro de 2008, e esixir a readmisión dos traballadores despedidos nas última

Nos alicerces do problema está, segundo o comité, a absorción de parte do grupo Augas de Barcelona, Agbar, propietario de Aquagest, por unha firma francesa. Segundo, Rodrigo Pita, co acordo de venda pactouse unha redución de de persoal, que se estaría a aplicar de xeito agochado en Galicia, e que en Cataluña xa deu con máis de 200 traballadores na rúa. O voceiro do comité galego denuncia que a empresa colocou detectives privados para detectar infraccións dos traballadores que seguidamente resolve co despedimento en troques de cunha sanción. Desta maneira xa se lles rescindiu o contrato a catro empregados de Ourense e outros en Santiago, pero en varios casos o despedimento foi declarado nulo. Pita coida que a propiedade de Aquagest quere adelgazar a nómina de traballadores de xeito non declarado.

Sociedade