O comité de empresa satisfeito coa acta sancionadora contra Repsol

O comité de empresa satisfeito coa acta sancionadora contra Repsol

18 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O informe da Inspección de traballo responsabiliza á empresa Repsol do accidente do pasado 15 de abril nunha das plantas de coque da refinaría coruñesa. A comisión de investigación creada co fin de averiguar o suceso concluiu que unha faísca dos traballos de soldadura causou o sinistro no que faleceu un empregado e outro sufriu quemaduras no 70% do corpo. Será agora o xulgado do penal quen depure responsabilidades. O representantes da CIG no comit&eacu

Aínda que os delegados de  prevención do comité de empresa da refinaría Resol da Coruña atribúen a causa da ignición á autocombustión do propio carbón pola súa alta temperatura na cámara o expediente de inspección de traballo dictaminou que o detonante da mesma producíuse polos traballos de soldadura. “Isto é o de menos. Estamos satisfeitos coa acta sancionadora que responsabiliza lóxicamente á empresa”, indicou esta mañá en Radiofusión o secretario do comité de empresa de Repsol, Alberto Ferrero.

O sindicalista explicou que non se adoptaron correctamente as medidas preventivas e que se seguía un protocolo específico sen garantir plenamente a seguridade dos traballadores. Unhas medidas reivindicadas desde hai tempo e que agora se implantarou a raíz do sinistro.

Os operarios contaban coa cualificación profesional e a experiencia axeita polo que se descartou un fallo humano.Tras facer público o informe, o comité de empresa reiterou a súa petición de cesamento para o equipo directivo da fábrica "que a día de hoxe, dous meses despois do accidente, aínda non se levou a cabo", subliñou.

O traballador ferido recupérase na casa e evoluciona satisfactoriamente pero a un ritmo moi lento dado o alcance das súas lesións. O caso queda agora en mans da xustiza quen determinará a culpabilidade ou non da dirección da empresa.

Sociedade