O comité de Navantia reúnese en Madrid

O comité de Navantia reúnese en Madrid

05 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os sindicatos de Navantía agardan chegar a acordos antes do 31 de decembro sobre a industria auxiliar, o Plan Industrial, os sistemas retributivos, clasificación profisional e promocións. Iso desbrozaría moito o camiño da negociación do IV convenio de Navantia que debe comezar en xaneiro do 2010.

A dirección da empresa entregou antes das vacacións as modificacións ao Plan Industrial 2007 – 2011 e a negociación deses aspectos comezará este mes. A pasada semana os representantes sindicais denunciaron o convenio colectivo como fórmula legal para que non se prorrogase de xeito automático para o 2010. O comité intercentros reuniráse mañá martes e o mércores en Madrid.

Sociedade