O Concello amplía a oferta dos campamentos urbanos aos meses de xuño e setembro

O Concello amplía a oferta dos campamentos urbanos aos meses de xuño e setembro

01 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Concello de As Pontes manterá aberto ata o vindeiro día 15 o prazo de inscrición para os Campamentos Urbanos de Verán, que se desenvolverán dende finais deste mes de xuño ata mediados de setembro. A iniciativa, respaldada polo departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller, pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar en época estival.

Como principal novidade, neste ano incrementáronse as datas nas que se porán en marcha este conxunto de actividades lúdico-educativas, anticipando o seu comezo ao 23 de xuño e estendendo a súa realización ata o 10 de setembro. Poranse a disposición da veciñanza un total de 60 prazas dirixidas a pequenos nacidos entre 1998 e 2005, ademais de cinco prazas a maiores que irán destinadas a rapaces con necesidades educativas especiais.

Sociedade