O Concello de Allariz presentou a imaxe corporativa do Festival de Xardíns

O Concello de Allariz presentou a imaxe corporativa do Festival de Xardíns

21 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O alcalde de Allariz, Francisco García, acompañado do deseñador gráfico Juan Marcet e o deseñador de webs Francisco Feijóo, presentou a imaxe corporativa do Festival Internacional de Xardíns, que será inaugurado o vindeiro 8 de xullo. O rexedor reiteraba, nesta ocasión, que “este non é un proxec

Todas estas ideas intentaron ser plasmadas na imaxe corporativa do Festival de Xardíns de Allariz polo seu creador Juan Marcet, quen explicaba que esta “mantén unha relación directa co logotipo actual do Concello, dando a entender que é un proxecto de Allariz que terá un futuro positivo e ilusionante”.

A nova imaxe será plasmada tanto nos catálogos anuais que ilustrará os proxectos expostos no festival coma no merchandising disposto á venda.

Outra ferramenta de comunicación indispensable nos nosos días é Internet. O Festival Internacional de Xardíns disporá dunha páxina web propia festivaldexardins.allariz.com, aberta a partir da primeira semana de xullo, na que se poderá consultar Información Básica sobre o proxecto e a súa localización en varios idiomas e información específica para os participantes no concurso.

O Festival de Xardíns de Allariz, segundo concluía o Alcalde Francisco García é unha “proposta ambiciosa na que o concello ten moitas expectativas”.

Institucional