O Concello de Arzúa amplía ata o 8 de xaneiro o prazo de presentación de carteis da Festa do Queixo

O Concello de Arzúa amplía ata o 8 de xaneiro o prazo de presentación de carteis da Festa do Queixo

26 de Decembro, 2008 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Arzúa celebrará os días 13, 14 e 15 de marzo de 2009 a 34ª edición da Festa do Queixo de Arzúa. Non obstante, previamente, do 10 ao 31 de xaneiro realizarase unha exposición de todos os traballos presentados ao Concurso de carteis anunciadores desta nova edición na Capela da Madalena desta localidade coruñesa. Ditos carteis poderán presentarse ata o 8 de xaneir

BASES

1º- O orixinal deberá axustarse necesariamente a unha mancha de 60x44 cm. (formato vertical). Cada autor poderá participar co número de traballos que desexe, sempre que estes sexan orixinais e realizados en papel ou lenzo, con material e técnica libre.

2º- A obra debe presentarse sen sinatura de autor, que limitará a súa identificación a un lema, e acompañala dun sobre pechado cos seguintes datos: nome e apelidos, D.N.I., idade, profesión, enderezo, teléfono e correo electrónico de contacto, e/ou calquera outro dato sobre o propio traballo.

3º- O xurado valorará de xeito especial a creatividade do arte final, a relación co evento a través da nosa cultura e idiosincrasia e o impacto visual publicitario dos carteis, nos que deberá figurar a o texto “ARZÚA 34ª FESTA DO QUEIXO, 13,14 e 15 DE MARZO DE 2009”. Igualmente, os queixos que formen parte imaxe -no seu caso- deberán respectar a morfoloxía propia do queixo da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa.

4º- Os orixinais deberán ser enviados antes do 8 de xaneiro de 2009 ao Concello de Arzúa, Dpto. de Cultura, sito na Rúa Santiago, 2 – 15810 Arzúa– A Coruña. A organización solicita aos participantes acompañen cada obra presentada con cadansúa copia en formato dixital -CD- (requisito non indispensable).

5º- A elección dos premiados realizarase a finais de xaneiro de 2009, mediante valoración dun xurado cualificado designado pola Comisión “Festa do Queixo”, cun único voto por persoa, agás para o 4º premio, que será elixido por votación popular o domingo 11 de xaneiro, de 11.30 h a 14.00 h na Capela da Madanela.

6º- A peza elixida polo xurado como 1º premio será o cartel anunciador da 34ª edición. Todos os carteis serán expostos ao público do 10 ao 31 de xaneiro na Capela de Madanela. O acto de Entrega de Premios incluirase no Programa Oficial da 34ª Festa do Queixo.

7º- Os orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa. Os orixinais non premiados poderán recollerse nas instalacións municipais ata 60 días despois da celebración do evento.

8º- A Comisión resérvase o dereito a deixar baleiros os premios, así como a rexeitar para concurso calquera peza que considere ou aquela que non se axuste ás presentes bases. As súas decisións serán inapelables.

9º- PREMIOS: o certame outorgará catro premios, repartidos en:

1º PREMIO…………………..600 €
2º PREMIO…………………..300 €
3º PREMIO…………………..150 €
4º PREMIO…………………..agasallo especial da organización (votación popular)

Cultura