O Concello de Boiro participa no programa “Bule con Alcer”

O Concello de Boiro participa no programa “Bule con Alcer”

19 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Deputación da Coruña, desde a Comisión de Benestar Social, e a asociación Alcer Coruña (Asociación de Loita Contra as Enfermidades de Ril) en colaboración co Concello de Boiro, van poñer en marcha o programa 'Bule con Alcer'. Unha iniciativa que ten como finalidade promover a actividade física e social desenvolvendo un programa que proporciona beneficios físicos, psicolóxicos e sociais á poboación con enferm

O obxectivo é proporcionar hábitos de vida saudables, ademais de facilitar as ferramentas necesarias para a realización da práctica regular do exercicio físico con autonomía. Outro dos aspectos novidosos é a posibilidade da inclusión dos familiares das persoas enfermas, producindo un beneficio que impacta no círculo próximo relacional do/a participante.

O programa desenvolverase os martes e xoves de 17.30 a 18.30 horas no Pavillón deportivo da Cachada ( sala de actividades ) e os venres de 17.30 a 18.15 horas na Piscina municipal (Cachada).

En canto á natureza concreta das actividades, os responsables de 'Bule con Alcer' subliñan que "haberá actividades físicas en terra (pilates, ioga, stretching ou ritmo) e acuáticas; todas elas en grupo, pero con programación individualizada e adaptada ás patoloxías crónicas das persoas participantes para minimizar os riscos para a súa saúde"

O prazo de inscrición está aberto e pode realizarse no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Boiro (Praza do Concello, 2º andar) ou ben no teléfono 981 844 808, Ext. 257.

A data de comezo da actividade será no momento que se inscriban o número mínimo de participantes para realizala.

Sociedade