O Concello de Boiro procede a limpeza dos contenedores verdes

O Concello de Boiro procede a limpeza dos contenedores verdes

09 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Operarios do Concello de Boiro están a proceder á limpeza a fondo de tódolos contenedores verdes, destinados ao verquido de residuos orgánicos, ante a proximidade da época estival e as altas temperaturas, para que os recipientes estean debidamente saneados e evitar así os malos olores.

Os operarios empezaron polos contenedores do casco urbano e agora están a limpar os das parroquias. Para efectuar o lavado, habilitouse unha zona no punto limpo, ubicado en Espiñeira. Boiro conta actualmente con preto de 800 contenedores de residuos orgánicos, que precisan dunha limpeza máis frecuente ca os amarelos ou os azuis, polo tipo de lixo que se depositan neles.  

Respecto ás tradicionais fogueiras de San xoán e outras que se celebran do 23 ao 28 de xuño, deberán presentar unha comunicación no rexistro municipal cunha segundo o modelo que se facilita no concello ou na páxina web cunha antelación mínima de dous días antes con antelación da fogueira. No momento de realizar a labareda deberá portarse esta comunicación, pois pode ser requerida pola Policía local ou persoal autorizado do concello. Os lumes terán que axustarseás normas indicadas na comunicación e ás ordenanzas municipais.

Sociedade