O Concello de Boiro tramita a prestación económica por fillos menores de tres anos

O Concello de Boiro tramita a prestación económica por fillos menores de tres anos

18 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Xunta de Galicia vén de abrir a convocatoria de axudas de pagamento único por fillos menores de tres anos para o exercicio 2011. Serán beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos menores de tres anos a data de 1 de xaneiro de 2011 (nacidos entre o 2.1.2008 e 1.1.2011, inclusive) e que por razón de ingresos obtidos durante o 2009, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración da renda

Os requisitos son:

-Residencia habitual en Galicia

-Que na data da solicitude os menores convivan coa persoa solicitante. 

O prazo de presentación rematará o vindeiro día dous de abril de 2011. As solicitudes poderán presentarse no departamento municipal de Servizos Sociais do Concello ou nas delegacións territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.

Sociedade