O concello de Fene asesora a diario sobre o catastro

O concello de Fene asesora a diario sobre o catastro

29 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene ven de ampliar o servizo de asesoramento arredor da regularización do Catastro. Unha arquitecta prestará a súa orientación todos os dias entre as oito da mañá e as duas da tarde na Casa do Concello. O prazo para presentar alegacións é de quince dias dende a recepción da comunicación. Ese prazo é crucial no caso de ter algunha disconformidade coa notificación recibida. O alcalde de Fene, Gumersindo Ga

O concello de Fene proporciona asesoramento diario en torno á regularización catastral. Unha arquitecta acude ás oficinas municipais todos os días, entre as 8 da mañá e as duas da tarde. Dende primeira hora desta mañá era ampla a cola que se formou na casa do concello con veciños e veciñas que tiñan moitas consultas que facer sobre a súa contribución, o Imposto de Bens Inmobles. Vaia por diante que Gumersindo Galego non está dacordo no cobro dunha taxa de 60 euros a todos os propietarios aos que se lles modifica a valoración da súa finca ou edificación.

Galego dí comprender aos veciños polos erros cometidos e porque os cambios veñen de golpe, cando podería ser un proceso contínuo, se houbera máis comunicación entre as administracións. "Unha idea podería ser que cando se pide licencia para unha obra nova, o concello llo notifocase ao catastro" afirmou. De momento o maior número de reclamacións ven das zonas rurais e apenas das zonas urbanas, pero xa hai casos tamén no casco urbán como poidemos constatar esta mañá cunha veciña de Perlío. 

O alcalde de Fene advertía que aínda chegarán máis comunicacións. Desde o día que se reciben hai 15 días para reclamar, 15 días cruciais, segundo Gumersindo Galego. A persoa que atende as reclamacións na casa do concello informa e asesora, pero son os veciños os que deben cubrir un documento “tipo” para reclamar, un trámite fácil de realizar segundo o alcalde. As consultas poden facerse na Casa do Concello de Fene todos os días, de 8 da mañá a duas da tarde.

Radio Fene recolleu algunhas testemuñas que poden escoitar nesta nova, así como as declaracións de Gumersindo Galego.

O PSOE pola súa parte levará o caso da regularización catastral ao Congreso dos Deputados. Paloma Rodríguez denuncia que a medida é abusiva e que se produce un aumento catastral xeneralizado no valor das propiedades.

Sociedade