O Concello de Fene móstrase satisfeito pola conservación dos camiños

O Concello de Fene móstrase satisfeito pola conservación dos camiños

09 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene móstrase satisfeito polas actuacións de conservación dos camiños do municipio. O Concelleiro de Obras, Jose Antonio López, móstrase satisfeito polos traballos de rebacheo, asfaltado e limpeza de cunestas nos meses de verán e rexeita as críticas da oposición a respecto destes traballos de mantemento. Pola súa banda, o alcalde de Fene, Iván Puentes, destaca o esforzo do Concello nestes momentos de crise e de dificu

A Concellería de Obras e Servizos de Fene informa que ao longo dos meses de xullo e agosto asfaltáronse os lugares de Buio, Belelle, Lagarteira e a subida a Lubián na parroquia de Sillobre. En Barallobre asfaltáronse o camiño das Chousas, Cocallo e a rúa de Loira a Castro. Na parroquia de Fene tamén se asfaltou o camiño de Formosende mentres que na parroquia de Maniños fixéronse os traballos de asfaltado en Os Casais e a corredoira do Medio. En Limodre o asfaltado produciuse no camiño de Lourenzá. En canto ó rebacheo de camiños, varios camiños das parroquias do concello se viron beneficiadas. Para o concelleiro de obras, jose antonio lópez, estas actuacións melloran a calidade de vida dos feneses e agarda que en vindeiras datas, actuacións como estas continúen.

Institucional