O Concello de Fene soluciona o pago das subvencións nominativas ás sociedades

O Concello de Fene soluciona o pago das subvencións nominativas ás sociedades

28 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O goberno municipal fenés soluciona o pago das subvencións nominativas para este ano e o vindeiro exercizo, segundo informa o Concello fenés a través dunha nota de prensa. A edil de cultura e deportes Carmen Silvar reuníuse onte venres cos representantes das entidades e asociacións encargadas de por en marcha actividades culturais e deportivas do Concello para explicarlles a solución que se vai a dar ao problema. Os afectados cobrarán as cantidades des

Así están afectadas por esta medida a Asociación Cultural Felicia organizadora do Felipop, o CPS de San Valentín, organizadora do Fene-Rock, A Asociación de Veciños de Limodre que pon en marcha a festa da orella, a Asociación de Veciños de Magalofes coa festa do cabalo, Airiños de Fene, a escudería Scrach Fene que organiza o slalom fenés e a Asociación Micolóxica Viriato que pon en marcha as xornadas micolóxicas. O goberno municipal informa que esta solución é resposta a un feito provocado por dous motivos; a mala xestión realizada polo BNG como socios de goberno xa que a maior parte das subvencións nominativas pertencen á Concellería de Cultura que tiñan os nacionalistas no bipartito e por outro a negativa de aprobar os orzamentos por parte dos grupos da oposición xa que sen orzamentos non é posible pagar directamente as subvencións nominativas.

Institucional