O Concello de Ferrol invita á cidadanía a seguir o sábado o partido de España contra Paraguay dende a pantalla xigante da Praza de España

O Concello de Ferrol invita á cidadanía a seguir o sábado o partido de España contra Paraguay dende a pantalla xigante da Praza de España

01 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Este sábado, ás 20,30 horas, os ferroláns e as ferrolás teñen unha cita coa selección española de fútbol na Praza de España. Finalmente Concello, comerciantes e hosteleiros decidiron manter neste recinto a pantalla xigante instalada para seguir os partidos do Mundial de Sudáfrica ante a avalancha de seguidores da selección congregados o pasado martes.

Unhas 4.000 persoas se reuniron ese día para seguir o partido de España contra Portugal e a cifra podería medrar aínda máis este sábado, ao cadrar o partido en fin de semana. Estes motivos, xunto á necesidade de garantir a seguridade cidadá, levaron a Concello, ACOF, Asociación de Hostelería de Ferrolterra, Eume e Ortegal e Asociación de Comerciantes Novo Ferrol, todos eles promotores do proxecto, a manter o emprazamento das retransmisións na Praza de España.

Así, a selección nacional disputaráse o seu paso ás semifinais do Mundial de Fútbol de Sudáfrica ante Paraguay, vencedor á súa vez de Xapón. O partido celebrarase ás 20,30 horas e os afeccionados poderán alí seguir á selección nunha pantalla de 5,40 metros de ancho por 4,20 de alto, e con sistemas de megafonía incorporados. Paralelamente e como fixo o pasado martes, o Concello habilitará barras nos laterais da Praza para que as exploten comercialmente os hosteleiros.

O mesmo sábado, pero ás 16 horas, as persoas que o desexen poderán seguir o partido que enfrontará ás seleccións de Alemania e Argentina. O vencedor enfrontaríase en semifinais ao gañador do encontro entre España e Paraguay.

Sociedade