ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A libraría Balmes, considerada máis antiga de Galicia, está a piques de pechar as súas portas. Desde 1887 existe un negocio dedicado aos libros na parte posterior da Casa do Concello de Lugo, na Praza de Ángel Fernández Gómez, pero este establecemento ten os seus días contados, xa que o Goberno local quere expropialo para ampliar as instalacións municipais e habilitar un centro de novas tecnoloxías.
"Temos enriba a espada de Damocles” laiouse en Radiofusión un dos propietarios da libraría Balmes, Vicente Montes, quen se queixa da oferta económica que lles fixeron chegar desde o Concello. “Trátase dunha cifra anecdótica, que non nos permite seguir adiante co noso proxecto empresarial”. O propietarios do establecemento queren montar unha nova libraría no centro de Lugo, pero entenden que se non avanzan as negociacións cos responsables municipais esa idea non será viable. Pola contra, Montes salientou o “gran apoio” que están a recibir dos seus clientes, que mesmo están dispostos a mobilizarse en contra do peche da libraría.