O Concello de Narón agarda un cheo absoluto na II Gala do Comerio

O Concello de Narón agarda un cheo absoluto na II Gala do Comerio

14 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Moita expectación perante a II Gala do Comercio de Narón. A concelleira de Promoción Económica, Ánxeles Díaz, asegurou esta mañá a Radiofusión que, dende hai dous días, xa non quedan invitacións para acudir a este evento que se celebrará mañá no Pazo da Cultura.

Roupa, calzado e complementos. Son os tres piares da pasarela que o Concello de Narón organiza un ano máis para promocionar o comercio local, amosando as últimas tendencias da colección primavera-verán de home e muller. O obxectivo desta iniciativa é, segundo Ánxeles Díaz,  apoiar a un sector especialmente desfavorecido e que ten que facer fronte a grandes dificultades para manter a súa actividade. A concelleira de Promoción Económica de Narón aproveitou a súa intervención en Radiofusión para louvar ao comercio local do que dixo, “ofrece moita calidade”  

Ao redor dun milleiro de persoas asistirán mañá a esta II Gala do Comercio, para a que xa se esgotaron as entradas, un feito que Ánxeles Díaz valorou moi positivamente polo interese que espertou a iniciativa entre a poboación. O desfile comezará ás oito do serán e, para quen non poida asistir, será retransmitido por televisión.  

Sociedade