O concello de Ordes mellora o núcleo urbano

O concello de Ordes mellora o núcleo urbano

17 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes continúa coa limpeza, mellora e arranxo do seu núcleo urbano. Limpeza de beirarrúas e mobiliario urbano, apertura de novos parques infantís, repintado de bordos e sinais para condutores e peóns, son algúns dos labores acometidos durante estas semanas.

O Concello de Ordes continúa co seu programa de limpeza e remodelación do seu núcleo urbano, aproveitando as condicións meteorolóxicas favorables dos meses de verán. Dende hai semanas operarios están a  realizar a limpeza de beirarrúas, mobiliario urbano e vías con auga a presión, quedando xa moi poucas zonas do centro por acometer. Bordos, pasos de peóns e outros elementos como sinais para condutores e viandantes tamén foros repintados e reparados. Unha medida que dende o goberno local se quería executar dende hai tempo, xa que ata o de agora non lle fora posible debido ás frecuentes chuvias.

     As zonas verdes, parques e xardíns tamén están a ser intervidos por membros das brigadas municipais. Aos arranxos e ampliación que se están a efectuar no recinto dos animais do paseo fluvial, hai que engadir a ampliación do seu parque infantil e o novo peche que se está empezando a construír. O coñecido como Parque Municipal, nas inmediacións da Alameda, tamén é outro dos puntos que está a ser mellorado nestes días, grazas ao repintado das fontes e á reparación de varios dos seus surtidores. Tamén se limparon e arranxaron moitos muros de pedra e diversos monumentos e placas conmemorativas.

Sociedade