O Concello de Ordes modelo de integración

O Concello de Ordes modelo de integración

03 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Un de cada 12 veciños do Concello de Ordes ten algún tipo de discapacidade, nun nivel superior ó 33%. Non é de extrañar pois que este municipio sirva de referencia para moitos outros e sexa pioneiro no desenvolvemento de iniciativas dirixidas a éste colectivo. Así, o concello de Ordes é o único de Galicia que conta cunha concellería de discapacidade para facer posible a vida en igualdade destas persoas.

Hoxe, Día Mundial da Discapacidade, o alcalde de Ordes e a concelleira de Discapacidade, Silvia Marín, farán un percorrido polas escolas do municipio, repartindo libros nos que se recopilan os traballos que participaron no Certame Infantil de Contos sobre discapacidade, convocado hai uns meses polo concello de Ordes para concienciar ós rapaces sobre a convivencia con persoas discapacitadas.

O acto central das celebracións, terá lugar no Salón de Plenos do concello onde Fran Viqueira, representante da Asociación ADISCORDES, lerá un manifesto. Posteriormente entregaránse os premios do certame infantil de contos.

Día de reivindicación e de celebración en Ordes, e día tamén no que a Concellería de Cultura abre o prazo de inscripción para os obradoiros de Nadal. Segundo informou o director de Radio Ordes, Pablo Quintero, o primeiro deles, dirixido ós adultos terá lugar entre os días 14 e 18  adicado á arte flora. O día 22 será o turno dos máis pequenos cun obradoiro de obxectos decorativos para nadal e o día 23 haberá outro sobre maxia a cargo do Mago Pablo.

Por outra banda a Concellería de Medio Ambiente vai por en marcha a segunda experiencia de compostaxe doméstica na que poderán participar tódolos veciños que o desexen. Somentes terán que solicitar, ata o día 8 de xaneiro, un composteiro na propia consellería e dispor dun espazo verde mínimo de 60 metros cadrados.

Sociedade