O Concello de As Pontes abre mañá o prazo para a marcaxe das cabanas para a Romaría da Fraga

O Concello de As Pontes abre mañá o prazo para a marcaxe das cabanas para a Romaría da Fraga

06 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O 7 de xullo foi a data escollida polo Concello de As Pontes para proceder á marcaxe das parcelas nas que, a finais de mes, se levantarán as cabanas dos romeiros que acudan á Festa da Fraga 2011 e que terá lugar os días 23, 24 e 25 de xullo.

Así todos os grupos de amigos e familias que desexen reservar un espazo deberán achegarse ata a Fraga de Dona Rita mañá, dende as 20.00 horas, para proceder á marcaxe da súa parcela.
Dende o goberno municipal, fan un especial chamamento á concienciación cidadá en prol do respeto e coidado do Parque de Dona Rita para eses días de festa, apelando ao civismo e á responsabilidade de tódolos romeiros que toman parte nesta convocatoria co fin de lograr da Festa da Fraga unha celebración respetuosa co entorno que a acolle.

Sociedade