O Concello de Vilalba completa a remodelación da Casa da Cultura e amplía a rede WI-FI

O Concello de Vilalba completa a remodelación da Casa da Cultura e amplía a rede WI-FI

14 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A casa da Cultura de Vilalba completou a súa remodelación. Coa introdución do novo mobiliario no salón de actos, este organismo xa ten dispoñibles todas as súas zonas e servizos. Así, os usuarios que desexen acceder a internet poderano facer, sen límite de conexión nin contrasinal, xa sexa no ordenador situado na planta baixa do edificio ou ben desde calquera

Ademais, a Casa da Cultura conta cunha pantalla táctil da Xunta de Galicia, desde onde se poderá acceder a diversos contidos como son formación, ofertas de emprego, prácticas e voluntariado, información de turismo, servizos administrativos, xestión de DNI electrónico, envío de correo electrónico e sms gratuítos ou consultas á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Tamén existe unha rede WI-FI no Auditorio, no interior de todo o edificio multiusos, ao igual que na Biblioteca pública Municipal, aínda que neste caso si é preciso rexistrarse como usuario. Ademais, este organismo conta con oito ordenadores e tres impresoras dependentes do Concello para os socios da Biblioteca, e de catro pertencentes a rede de Bibliotecas de Galicia, que están a disposición de todos os usuarios, sexan ou non socios. O horario de uso é de 10.00 a 13.00 e de 16.30 a 20.30, mentres que o da sala de informática é de 16.00 a 20.00 horas.

Sociedade