O Concello de Vilalba e o Azkar Lugo invitan aos escolares da capital chairega ao encontro do club lucense e o MRA Navarra

O Concello de Vilalba e o Azkar Lugo invitan aos escolares da capital chairega ao encontro do club lucense e o MRA Navarra

26 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Aqueles nenos interesados deben cubrir as invitacións que teñen a súa disposición na dirección dos distintos centros educativos, así como nas oficinas de deportes do Concello de Vilalba para poder acudir. O número mínimo para a realización da viaxe será de polo menos 15 nenos,

 

Desde o Concello tamén se informa de que estará a disposición dos usuarios que así o desexen un autobús totalmente gratuíto para o desprazamento ata o lugar do acto. O vehículo partirá diante do pavillón municipal de deportes de Vilalba (campo da feira) ás 15:30 horas do propio sábado 10. As persoas que non utilicen este servizo e desexen asistir o evento pola súa conta deberán estar na porta principal do Palacio Municipal dos Deportes de Lugo (Pavillón antigo) ás 16:15.

Sociedade