O congreso debate hoxe unha proposición do BNG sobre os aproveitamentos hidroeléctricos no Miño-Sil

O congreso debate hoxe unha proposición do BNG sobre os aproveitamentos hidroeléctricos no Miño-Sil

19 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Comisión de Medio Ambiente do Congreso dos Deputados debaterá, na mañá de hoxe, unha proposición non de lei da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, na que insta ao Goberno a paralizar a concesión de novos aproveitamentos hidroeléctricos no ámbito territorial da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Ademais, nesta iniciativa parlamentaria, a deputada do BNG pedirá ao Executivo que se realicen os estudos pertinentes que permitan avaliar o impacto medioambiental e social dos encoros e minicentrais existentes na actualidade na conca do Miño-Sil.

 

Por último, emprazará ao Goberno a iniciar os expedientes de caducidade sobre as concesións de aproveitamentos hidroeléctricos conforme ao establecido na lei.

Sociedade