O Consello de Administración de NCG amplíase con 3 novos membros

O Consello de Administración de NCG amplíase con 3 novos membros

17 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A solución para atallar a polémica xerada polo controvertido pago de indemnizacións millonarias que levaron os ex-executivos de Novacaixagalicia centrou hoxe o consello de administración de NCG Banco, que se desenvolveu no medio dun absoluto mutismo. O BNG reclamou este mediodia a devolución íntegra das "prexubilacións de ouro". Na reunión do consello de administración de NCG Banco tamén se deu entrada hoxe ós tres novos

As negociacións para devolución dos cobros, polo menos parte das primas, desenvolvéronse nos últimos días da man do presidente executivo de NCG Banco, José María Castellano, e do conselleiro delegado, César González Bueno, e contaron co respaldo do Banco de España. A pretensión era levar ao consello de administración de hoxe un pacto con quen foron os dous máximos directivos da caixa fusionada -José Luís Pego, como director xeral, e o seu adxunto, Javier García de Paredes- e que fose "modelo" para outros executivos que tamén recibiron cuantiosas indemnizacións.

No entanto, só se pechou un acordo con García de Paredes para que renuncie "á maior parte" da súa indemnización, pero as negociacións estaban rotas con José Luís Pego. Segundo informa Europa Press, só García de Paredes aceptou renunciar a unha parte da súa indemnización, polo que levaría, segundo lle corresponde por contrato "a cuarta ou a quinta parte". O diñeiro ao cal renuncia "pasa directamente ás contas do banco", segundo aseguraron fontes financeiras. Segundo transcendeu, García de Paredes ten dereito por contrato a 7 millóns de euros de liquidación, dos cales, renunciaría a catro millóns.
Non obstante, as negociacións para levar unha solución hoxe ao consello de administración de NCG Banco quedaron rotas con José Luís Pego, ante a súa negativa a devolver parte dos 18,5 millóns de euros brutos, 10,2 netos que percibiu coa súa prexubilación. Gregorio Gorriarán e Óscar Rodríguez Estrada, próximos a Gayoso en Caixanova, percibirán 5 millóns netos.
O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, valorou o "xesto" do exdirector xeral adxunto de Novacaixagalicia e pediu ao consello de administración que pescude "se se cumpriu a lei" con estas retribucións. Os partidos políticos galegos seguen a demandar a devolución das retribucións. Así, o cabeza de lista do BNG ao Congreso pola Coruña, Francisco Jorquera, indicou que lle parece "moi ben" a actitude de García de Paredes, pero reclamou a devolución "íntegra" dos montantes.
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, augura que o diálogo cos exdirectivos "dará satisfacción ao clamor social", polo menos "na súa maior parte".

Institucional