O consistorio alaricano presenta as oito creacións do Festival Internacional de Xardíns de Allariz

O consistorio alaricano presenta as oito creacións do Festival Internacional de Xardíns de Allariz

25 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O alcalde de Allariz, Francisco García, acompañado de Francisco Caldeira e Elsa Severino, veñen de presentar as oito creacións destes arquitectos paisaxistas que estarán expostas no Festival de Xardíns de Allariz. “Para o concello é un motivo de orgullo e satisfacción contar con dous prestixiosos arquitectos

A primeira edición do Festival de Xardíns de Allariz, inaugurada o vindeiro 8 de xullo, acollerá á carón do río Arnoia as oito creacións deseñadas por Cabral e Severino na que primará a imaxinación, a beleza, a sorpresa e a arte.

Francisco Caldeira “pai” do festival portugués de Ponte da Lima explicaba detalladamente o contido dos xardíns “baseados nos elementos culturais de Allariz, como o río, a gastronomía, o medio ambiente ou o mundo rural, entre outros, mostrando como ven uns ollos foráneos a vila alaricana”.

O Festival será inaugurado o vindeiro 8 de xullo en horario de 11:00 a 14:00h e de 16:30 a 22:00, cun prezo de 1€ a entrada ordinaria, 0´50€ para xubilados e visitas en grupo e gratuíta para as persoas empadroadas no concello de Allariz.

Institucional