O consistorio alaricano realiza melloras na rede de saneamento

O consistorio alaricano realiza melloras na rede de saneamento

28 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Concello de Allariz en convenio con Augas de Galicia está levando a cabo as obras de mellora de saneamento no entorno da Estrada de Xunqueira e a Acearrica co que completa as intervencións efectuadas nestes anos “para garantir o futuro destas instalacións dado o crecemento que ten tido Allariz” segundo sinalaba o Alcald

Esta obra permite completar o programa de saneamento con obras xa realizadas como a renovación de colectores nas marxes do río Arnoia ou a instalación de novos servicios pluviais na rúa Emilia Pardo Bazán. O programa complétase coas obras de eliminación do pozo de bombeo, ubicado ata agora na rotonda da rúa Emilia Pardo Bazán, incrementando así a capacidade de bombeo do actual pozo existente na Acearrica.

Cun orzamento de 200.000€, o programa establecido permitiu dotar a tódolos pobos deste servizo coas últimas intervencións nas Quintas de San Trocado, no Rial de San Mamede e a Torre de Santa Baia.

Frnacisco García valora esta intervención como “importante de cara á oferta de servizos para os veciñ@s e de todos os que queren instalarse en Allariz contribuíndo ademais ó bo e trato do medio ambiente”

Institucional