O consistorio arzuán comezará en breve a recollida de plásticos agrícolas

O consistorio arzuán comezará en breve a recollida de plásticos agrícolas

18 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Concello de Arzúa comezará proximamente a recollida de plásticos derivados da actividade agrícola polas parroquias. Será os días 1, 2 e 3 de xullo de 2009. O camión municipal achegarase a todas as parroquias para facer a recollida, todos aqueles veciños que teñan plásticos e queiran desfacerse deles deben estar á hora indicada no lugar s

O camión do concello pasará a recoller os plásticos nos días, horas e lugares que sinalamos a continuación:

Mércores, 1 de xullo

10:00 h – BOENTE, no tramo da carretera antiga en Boente de abaixo

10:30 h – FIGUEIROA, no Curro

11:00 h – A CASTAÑEDA, no campo da festa

11:30 h – VILANTIME, no campo da festa

15:30 h – MAROXO, no campo da festa

16:00 h – BRANDESO, no cruce con Viñós

16:30 h – VIÑÓS, no campo da festa

17:00 h – TRONCEDA, xunto á escola

Xoves, 2 de xullo

10:00 h – DOMBODÁN, no campo da festa

10:30 h – BRANZÁ, ao carón do cemiterio

11:00 h – PANTIÑOBRE, ao carón da escola

15:30 h – RENDAL, no campo da festa

16:00 h – A MELLA, no campo da festa

16:30 h – VILADAVIL, xunto á igrexa

17:00 h – LEMA, no campo da festa

Venres, 3 de xullo

10:00 h – SAN ESTEVO, xunto á igrexa

10:30 h – SAN MARTIÑO, no campo da festa

11:00 h – SANTA MARÍA, no cruce de Seixas

15:30 h – OÍNS, no campo da festa

16:00 h – DODRO, xunto á igrexa

16:30 h – BURRES, ao carón da escola

 

Sociedade