O Consorcio de Igualdade subsiste no limbo e a CIG chama á mobilización

O Consorcio de Igualdade subsiste no limbo e a CIG chama á mobilización

01 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un proceso selectivo de persoal no limbo, un convenio laboral acordado mais non aprobado polo comité directivo e pendente de aplicación ou unha suba retributiva non executada. A Confederación Intersindical Galega denuncia unha indefinición absoluta da Xunta verbo da situación dos traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e convoca protestas que poderían concluir coa chamada á folga. “Todo está paralizad

“A Xunta si foi dilixente para cambiar o modelo das galescolas e ten diñeiro para facer gastos superfluos cambiando a simboloxía”, denuncia o representante da central nacionalista, que vén de anunciar a celebración de asembleas informativas entre os traballadores do Consorcio, a publicación de resolucións por parte dos comités de empresa para reclamar solucións e mesmo unha recollida de sinaturas de apoio. As mobilizacións terán como punto álxido unha concentración de delegados e delegadas sindicais fronte á sede da Xunta en Santiago o día 7 de outubro, ás once e media da mañá.
Anxo Louzao non desbota unha chamada ao paro no Consorcio porque declara que “non se pode agardar máis: hai substitucións e baixas que non se cobren, falta de recursos humanos e materiais, e contratos e despedimentos fraudulentos que foron recorridos”.

Institucional