O copagamento mata, afirma o alcalde de Riotorto

O copagamento mata, afirma o alcalde de Riotorto

31 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Iniciativa Galega en Defensa da Gratuidade da Sanidade, constituída o pasado sábado en asemblea en Riotorto (Lugo) para pedir á Xunta que "non aplique" o copagamento de fármacos de dispensa hospitalaria, advertiu de que "non parará" de poñer en marcha medidas de "presión" ata que o PP free a súa "cruzada" contra o sistema sanitario público. Díxoo o alcalde de Riotorto, o nacionalista Federico

150 administracións e entidades  conforman a Iniciativa. "Non pararemos ata que a Xunta decida non aplicar este repagamento, como fixeron outras comunidades gobernadas polo PP --Castilla e León--, e non multar os seus cidadáns por padecer cancro", recalcou o rexedor, quen avanzou que a "batalla" en defensa da sanidade terá "unha fronte institucional" pero que "o seu eixe de gravidade fundamental" estará "na rúa". Segundo as súas propias palabras, "parece" que ao PP "lle"dá igual que un compatriota poida morrer por carecer de diñeiro para pagar o seu tratamento médico". O primeiro destes actos será o próximo 8 de novembro nos 13 hospitais galegos, entre as 20.00 e as 20.30 horas. Será o "prólogo" para unha manifestación en Santiago o domingo 17 de novembro baixo o lema 'O copagamento mata'.

Sociedade