O corazón reconstrúese como unha miñoca

O corazón reconstrúese como unha miñoca
09 de Xaneiro, 2020 - 12:23 h. | Publicada por Radio Fene

O corazón reconstrúese como unha miñoca” afirma Ana Varela, autora do libro “Onde nacen as hedras”. O poemario agroma dun proceso de perda e abandono e comeza cunha cita da poeta canadense Anne Carson quen tamén describe “a beleza que se encontra nos momentos de dor”.

ESCOITA O PODCAST:
Ana Varela co libro "Onde nacen as hedras"

Varela declara o seu gosto pola poesía de Ismael Ramos, Dores Tembrás e Antía Otero aínda que precisa: “Hai que fuxir algo das novidades, porque deixamos a moitos libros polo camiño e na literatura galega existiron escritores e obras de moito valor”.

Quizais a vida sexa unha loita contra o tempo. A reflexión xurde da lectura de “Onde nacen as hedras”, o libro que comentamos no club de lectura de Radio Fene Radiofusión. Contamos para iso con Esther Val, Andrés C.M. Ribeira, Tatty Lavandeira e Ana Varela. O volume resultou galardoado na sexta convocatoria do premio Gonzalo López Abente. Publícao Xerais.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora