O corpo pídeme...

O Centro de saúde de Fene vai necesitar pronto unha nova pediatra
15 de Febreiro, 2019 - 09:46 h. | Publicada por Radio Fene

A voceira de EU de Fene recoñeceu que houbo unha toma de contacto da súa formación con Podemos e A Nova, de cara ás Eleccións Municipais de maio, pero que a decisión final ténna a afiliación de EU.

ESCOITA O PODCAST:

A corporación de fene reunirase o martes 19 nun pleno extraordinario para aprobar, se procede, o expediente de contratación do servizo “Axuda no Fogar”. Caduca o contrato coa empresa que presta este servizo ATENDO. Como queira que non vai usar a prórroga do contrato á que ten dereito, daí a urxencia desta convocatoria para por en marcha o procesod e licitación. O pleno de carácter urxente está convocado ás 9 da mañá do martes 19. A concelleira portavoz de EU, Maricarmen Martínez, referiuse a este asunto no espazo As Foxas que protagonizou esta mañá en Radio Fene. En concreto, de non ser a vantaxe económica, non entende cal será o criterio que se adoptará no proceso de licitación dunha nova empresa.

Recoñeceu Martínez que tanto Podemos como En Marea contactaron con EU para a posible formación dunha candidatura unitaria de esquerdas frente ás próximas eleccións locais. A portavoz municipal de EU deixa en mans da asemblea de afiliados da súa fomación a decisión final. “A min o corpo pídeme unha candidatura de esquerdas” pero hai moitos peros. O 18 celebra EU de Fene unha asemblea para renovar o Consello Local. Posiblemente se aborde alí a cuestión electoral.

Institucional

Publica o teu comentario agora