ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O CPS de San Valentín elexirá xunta directiva este venres. Unha candidatura presidida por Juan Miraz García, e con Francisco Fonterosa como vicepresidente, Hector Castro secretario e Dolores González tesoureira, presentaráse á asamblea. A reunión comezará ás sete da tarde en primeira convocatoria e ás sete e media en segunda.
12 persoas integraránse na directiva da entidade de San Valentín, segundo se puxo de manifesto en reunións previas coa anterior xunta rectora. O CPS abrirá de maneira inmediata o prazo de inscrición nas diferentes actividades da entidade. As escolas comezarán a funcionar en xaneiro, segundo as previsións iniciais. Todo iso deberá revalidaráse na asamblea de socios e socias convocada para o vindeiro venres. O Centro de Promoción Social de San Valentín (Fene A Coruña) conta con 260 asociados que abonan unha cuota anual de 60 euros.