O CPS de San Valentin continúa en crise

O CPS de San Valentin continúa en crise

09 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Centro de Promoción Social de San Valentín (Fene A Coruña) segue en crise. A directiva convocará asamblea o dia 22 de outubro. Enviaráse ademais unha carta aos socios e socias explicando a situación da sociedade.

Segundo os estatutos, se non se forma directiva designaráse unha xestora para proceder á liquidación da entidade. O CPS de San Valentin celebrou a pasada semana unha asamblea. Asistiron máis de 30 asociados, pero non se deu formado xunta directiva. De momento, ata o 22 de outubro quedará o local aberto pero xa non se iniciarán outras actividades.

O Centro de Promoción Social conta na actualidade cuns 300 socios que representan a uns 1100 beneficiarios, a práctica totalidade dos habitantes da parroquia. Abonan unha cuota anual duns 60 euros. A entidade conta cun orzamento de 60.000 euros anuais e dispon dun local en propiedade con salón de actos, cafetería e distintas dependencias.

Sociedade