O crime da rúa Oporto reabre o debate sobre a homofobia

O crime da rúa Oporto reabre o debate sobre a homofobia

26 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A homofobia non se declaraba manifestamente, pero si podíase intuir nalgunha que outra manifestación a prol da familia católica dos últimos tempos. Ante a sentencia absolutaria contra o acusado do crime da rúa Oporto de Vigo, os colectivos de defensa dos dereitos dos homosexuais denuncian a existencia dunha discriminación que non se dá err

Concentráronse na praza do Toural de Santiago de Compostela para demandar xustiza onte polo serán. Dende alí, o presidente do Colectivo Gai de Compostela, Alfredo Saborido, explicaba a Radiofusiòn que o único que mudou na sociedade é que a xente non heterosexual xa pode casar, pero insistía en lembrar que “a homofobia é unha cuestión sutil que está en todos os ámbitos da vida”.

Isaac Peres Trivinho e Julio Anderson Luciano vítimas dun apuñalamento no que recibiron ata 57 coiteladas. O principal sospeitoso, Jacobo Piñeiro Rial vén de ser absolto por un xurado popular nunha decisión chea de polémica que reabre o debate sobre a existencia dunha homofobia latente na sociedade. O Colectivo Gai de Compostela, inserido na Federación Aturuxo de Lesbianas, Gais, Bisexuais e Transexuais de Galicia, quixo apoiar á familia das vítimas e darlles azos na súa loita para que se faga xustiza arredor do asasinato perpetrado na cidade olívica en xullo de 2006.
Sociedade