O cuco, cuco, cuqueiro,...

O cuco, cuco, cuqueiro,...

24 de Novembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

O pintor ferrolán Leandro Lamas ilustra o disco “Canta o cuco” que publica a editorial Galaxia. O traballo inclue poemas de Manuel María, escritor ao que se lle adica o Dia das Letras Galegas do 2016. Cantan Uxia, e Magin Blanco.

Leandro Lamas pinta a Manuel María e a un cuco saindolle do corazón. Ademais ilustra o interior do libro disco cunha ducia de debuxos alusivos a cada unha das cancións.    

Canta o cuco supón o reencontro no plano musical de dúas das figuras máis representativas da música infantil en galego, como o son Uxía -María Fumaça, Xiqui Xoque, Fiú Fiú, Rosalía pequeniña...- e Magín Blanco -A nena e o grilo nun barquiño, a Nena e o grilo...-. Best sellers avalados pola súa extraordinaria calidade musical e polo éxito de vendas e público que veñen colleitando.

Ademais deste libro disco publicado por Galaxia, Leandro Lamas tamén realizou as ilustracións do libro Cantarolas, de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda. Nese caso encargase da publicación a editorial Kalandraka.

Sociedade