O cura de Xestoso insta aos sacerdotes galegos a obviar a Israel nas súas omilías

O cura de Xestoso insta aos sacerdotes galegos a obviar a Israel nas súas omilías

01 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O último incidente do conflito palestino israelí, que rematou coa abordaxe dunha flota de axuda humanitaria por parte do exército hebreo en augas internacionais, no que morreron, a lo menos, nove persoas, motivou o chamamento do párroco de Xestoso-Momán, Luis Ángel Rodríguez Patiño, que instou aos sacerdotes non mencionar a palabra Israel nas súas celebracións.

“Aínda que os  descendentes de Jacob se chamaron a si mesmos «Fillos de Israel» ou «israelitas» e sexa a súa acepción e non teña nada que ver co Israel que mata e viola os dereitos humanos aos sacerdotes que non queiran ferir aos fillos de Deus que aman a paz e que respectan a autodeterminación do pobo palestino a que non mencionen a palabra Israel nas súas celebracións e menos cun sentido dun pobo que ama a verdade”, afirmou Patiño.

Rodríguez Patiño xa se posicionou en contra dos últimos escándalos de pederastia na Igrexa Católica ou mesmo contra “a violencia de xénero e o machismo en moitas celebración se oracións”. Ademais, é un dos grandes impulsores do Consello de Anciáns de Labrada e da UNED Senior, que fai unha importante labor pedagóxica e educativa para os maiores de 55 anos da Terra Chá, e onde tamén da clases de dereito.

Sociedade