O dúo Bellónmaceiras actuará en Escocia

O dúo Bellónmaceiras actuará en Escocia

28 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

BellónMaceiras Dúo participará este verán no Piping Festival de Glasgow en Escocia. A actuación terá lugar o mércores 14 de agosto dentro dun dos eventos máis prestixiosos do mundo da gaita.

O Glasgow International Piping Festival cumpre dez anos neste 2013 e amplian a dous dias a súa competición de bandas de gaita de todo o mundo. Durante unha semana sucederánse as actuacións e eventos, nuns dias que se convirten en cita obrigada para gaiteiros e gaiteiras dos 5 continentes. Terá lugar entre o 12 e o 16 de agosto en Glasgow.

Sociedade