O Dúo Hramuchin Güldabamova no Jofre

O Dúo Hramuchin Güldabamova no Jofre

14 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A música clásica será a protagonista no Teatro Jofre este xoves da man do Dúo Hramuchin Güldabamova, que actuará ás 20.30 horas para ofrecer un concerto organizado pola Sociedad Filarmónica Ferrolana en colaboración co Concello de Ferrol. Alexandr Khramuchin (violoncelo) e Sofja Gülbadamova (piano) subiranse ao teatro ferrolán para interpretar un repertorio baseado nas composicións Sonata Nº2 de Mendelssohn, Sonat

Nado en 1979, Alexandr Khramuchin é fillo dun brillante violinista, quen o iniciou no estudo do violoncelo aos catro anos. En 1985 ingresou na Escola Especial para Nenos Superdotados adscrita ao Conservatorio de Minsk e aos 19 anos empezou a participar en concursos internacionais, acadando once primeiros premios. Pola súa banda, Sofja Gülbadamova naceu en Moscova no ano 1981 e empezou os seus estudos na Escola de Música Gnessin. Tamén estudou no Conservatorio de París e na Ecole Normale de Musique de Paris. En 2008 obtivo os primeiros premios en dous prestixiosos concursos de piano en Francia, o Concurso Internacional en Aix-en-Provence e o 6º Concurso Internacional de Piano F. Poulenc.

O prezo das entradas é de 7, 12 e 15 euros.

Cultura