O Dúo Os Feneses gañou o Toxos e Froles de Dúos

O Dúo Os Feneses gañou o Toxos e Froles de Dúos

11 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Dúo Os Feneses alzouse co premio do Toxos e Froles. Tras ese nome estaban o gaiteiro Serafín Santamariña e coa pandereta, Mar Alvariño, dous mozos de 16 anos, pertencentes á Banda de Gaitas Airiños de Fene. Alzáronse co premio que o Toxos outorga ao mellor dúo de gaita e percusión, que se celebrou onte e no que participaron cinco parellas.

A peza "Sanmarelo" coa que Serafín Santamariña participara na final do Constantino Bellón de Gaita, déulle sorte nesta ocasión. Unha peza composta por el mesmo e que adicou á sua avoa. 
Santamariña estuda gaita e acordeón no Conservatorio e da clases de gaita tamén con Dani Bellón. O xove músico, que estuda 1º de bacheletaro no IES de Fene, ten clara a sua vocación.

Sociedade