O de Fene é un bo Nadal e non o das luces

As contas municipais de 2019 aprobaranse nun pleno o 28 de decembro
18 de Decembro, 2018 - 01:15 h. | Publicada por Radio Fene

Gumersindo Galego afirma que Fene acaba o ano coa aprobación dos obras do POS para o 2019 e coa aprobación dos Orzamentos municipais nun pleno previsto antes de fin de ano. Sobre a denuncia presentada contra Mariela Aguilar, Galego afirmou que "atropelou os nosos dereitos políticos e ten que responder por iso".

ESCOITA O PODCAST:

A corporación de Fene reunirase nun pleno urxente e extraordinario mañá mércores ás 8,30 da mañá. Unha sesión na que se vai aprobar o Plan de Obras e Servicios para o ano que ven. O goberno local ten intención de convocar outro pleno o dia 28 de decembro para aprobar os Orzamentos municipais do 2019, en tempo e forma.

POS 2019

O cemiterio municipal de Fene será un dos espacios máis agraciados polo POS do 2019. A vella demanda da ampliación chegará con 126 novos nichos e outros servizos como un osario, un forno crematorio para uso do recinto, columbarios e a urbanización dunha zona deste espazo. Investiranse 484.000 euros, unha boa parte do total da achega provincial que ascende a 680.000€ (278.000 menos que en 2017) en palabras do alcalde, Gumersindo Galego, quen citou para o Plan complementario as obras de alcantarillado nas Picas e a urbanización dos bloques 3 e 4 de San Valentín. A iso hai que engadir o aglomerado do camiño das Chancas. Na reserva quedan, para facer a partir de marzo, o camiño de Regueiros a Visura; o de Lubián a Magalofes e da Lomba a Romariz. En total supón un investimento de 365.000 euros.

Remanente

Fene gastará o remanente deste ano na pista de Centieiras, na fachada do ceip A Xunqueira e no aglomerado diante dos Casais de Maniños. A maiores chegarán: a remodelación da escola de Sillobre, do parque da Hortiña en Limodre; a pista de Fonte do Campo (Fene); as gradas da pista de Centieiras (Perlío) e a creación dun parque infantil a carón da Praza Ramón Souto (Fene).

Aparcamento da ORA

Na entrevista a Gumersindo Galego coñecemos tamén que vai para adiante a creación de 15 prazas de estacionamento en zona ORA, gratuítas pero con limitación de tempo para aparcar, a fín de alixeirar o puntos máis complicados das avenidas Marqués de Figueroa e Naturais de Fene, así como a rúa do Concello. Confirmou Galego que xa dispoñen dos permisos esixidos nas dúas primeiras. Ubicaranse tres prazas de ORA a cada lado das dúas avenidas e tres na rúa do concello, un total de 15. A iso hai que engadir zonas de carga e descarga en lugares puntuais que así o precisen.

Atropelo

De "atropelo de dereitos políticos" calificou o alcalde de Fene a actuación da concelleira do BNG, Mariela Aguilar no pleno da moción de censura, unha actuación pola que onte declaraba nos xulgados de Ferrol. Galego afirma que a pesar das multiples advertencias realizadas á presidenta da mesa de idade naquel pleno, non fixo caso e agora "ten que rendir contas do que fixo e non ir de víctima", afirmou.

Nadal

A entrevista a Gumersindo Galego acabou coa confirmación de que os Orzamentos de 2019 se presentarán nun pleno o 28 de decembro e cun desexo de felicidade para estas festas e para o Aninovo. O alcalde fenés confesouse partidario do Nadal e fachendoso do amplo programa navideño de Fene que "nada ten que que envexar ás luces de Vigo".

Institucional

Comentarios

Cialis 5mg Or 10mg Buy Generic Isotretinoin Internet Visa With Free Shipping [url=http://bestlevi.com]cost of levitra 20mg[/url] Buy Clomid Online Without A Script Viagra Cialis Efectos
Nome: 
MatprusiaDb

Publica o teu comentario agora