O debate sobre o Proceso de Bolonia salta á propaganda

O debate sobre o Proceso de Bolonia salta á propaganda

10 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Que é o Proceso de Bolonia e en que afecta aos estudantes? Esta pregunta é a que encabeza as páxinas de publicidade que o Ministerio de Ciencia e Innovación pagou na prensa de maior difusión para achegar á cidadanía e, sobre todo, aos estudantes a súa versión dunha reforma dos estudos superiores que boa parte da comunidade educativa desbota. Por exemplo, colectivos como o Sindicato de Estudantes que a pasada semana convocaba unha folga con

O novo marco común europeo dos estudos superiores é unha mudanza no sistema que, na opinión do alumnado máis crítico, “na práctica permitirá que só estuden os fillos dos ricos”. Acúsaselle ao Executivo de defender unha mudanza que pon en débeda aos estudantes coas entidades financeiras. Segundo Manuel Abelleira, as bolsas existentes non falan dos posgraos do novo plano de estudos e para asumilos aos universitarios se lles permite agora “pedir créditos financiados con créditos brandos”. Conclúe que con esta decisión, “os bancos, os mesmos que provocan esta crise, son aos que nós lles temos que pedir cartos para poder estudar e logo devolvelos con intereses para que se sigan forrando”.

Ante a suba das taxas, e contrariamente ao que promete a campaña publicitaria, o Sindicato de Estudantes coida que cada vez será máis difícil que os universitarios poidan compatibilizar a tarefa académica cun traballo para sufragar os seus gastos, xa que se establece un sistema lectivo que equivale a unha xornada laboral. Na opinión de Manuel Abelleira, “o que formula o Goberno son créditos nos que pagas por horas lectivas e traballo práctico e estudo persoal: ti estás pagando nunha universidade por estudar na túa propia casa, algo inaudito”.

O colectivo estudantil crítico co Proceso de Bolonia demanda un referendo para expresar a súa oposición a un cambio de sistema que xa está en marcha. O Goberno desbota a posibilidade da consulta, demostrando “que non fan política de esquerdas, o que lles pasará factura como xa aconteceu en Galicia”, sentenza Abelleira.

Sociedade