O denunciante dos subornos en Gondomar implica ao ex edil de Urbanismo

O denunciante dos subornos en Gondomar implica ao ex edil de Urbanismo

02 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Terceiro capítulo da semana no xuízo por presunto suborno contra dous ex edís do Partido Popular de Gondomar, a ex noiva dun deles e o arquitecto que actuaba de intermediario nunha trama que tería por obxecto cobrar diñeiro para financiar actividades do Partido mediante favores referidos ao plan urbanístico desa vila pontevedresa. Os feitos déronse a coñecer en febreiro do ano 2007. Nesta xornada pasou polo xulgado da Audiencia Provincial en Vigo o den

O denunciante explicou como Mosquera lle reclamou un suborno de 210.000 euros, segundo el mesmo, a instancias de Gómez, para realizar uns favores relativos ao ordenamento municipal. Outras testemuñas do sector inmobiliario implicaron exclusivamente ao antigo responsable de Cultura e non pudieron confirmar se había implicación do ex concelleiro de Urbanismo. 
A vista xudicial continúa esta semana, pero nesta xornada un representante do Partido Popular, o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Xosé Manuel Figueroa, volvía poñer a venda antes que a ferida. Desbotou  que, tal e como confesou José Luis Mosquera, o diñeiro procedente de subornos se empregase para financiar de xeito ilícito actividades do seu partido. Figueroa lembrou que as contas do PP foron auditadas.
 
O ex rexedor de Gondomar, Antón Araúxo, denunciou en Radiofusión que a moción de censura contra el foi "o plan B" do PPdeG para facerse co goberno local cando se coñeceu a presunta trama de subornos urbanísticos. Araúxo foi deposto do seu cargo en xullo de 2009 cando os populares, co novo alcalde Martín Urgal á fronte, conseguiron o apoio de catro concelleiros socialistas e dun independente de Move Gondomar.
 
Institucional